lunes, 26 de febrero de 2018

LEMBRANDO A ROSALÍA

O 24 de febreiro a nosa Rosalía de Castro está de aniversario!

   Esta celebración realizouse nas aulas con actividades diversas sobre a súa biografía e obra. 

   Escoitamos algunhas das súas obras musicadas por diferentes autores e realizamos pequenas producións artísticas. 


4º e 6º de Educación infantil


1º primaria




   

 Na biblio preparouse unha pequena mostra dalgunhas das súas obras.









viernes, 16 de febrero de 2018

CONCERTO DIDÁCTICO INTERCULTURAL

Recibimos na biblio a Mbolo Mooye Doolé. Presentáronnos o seu espectáculo musical, transmitindo a cultura a través da danza, percusión africana e o cante. 🎵🎵








Gracias á ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei por esta boa iniciativa.



lunes, 12 de febrero de 2018

ENTROIDO

OBRADOIRO DE ANTEFACES


Mirade que orixinais máscaras saíron do obradoiro que se celebrou na biblioteca.

Durante o tempo de lecer, o alumnado de primaria puido facer a súa creación.






Estas nenas e nenos son uns verdadeiros artistas!






 Ata Guillareta, animouse... mirade!








COPLAS DE ENTROIDO

Na entrada do cole podedes desfrutar da exposición de coplas de entroido creadas polo noso alumnado e relacionadas co PDI do Universo. 

Parabéns ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega pola súa estupenda aportación. Non perdades detalle!










DESFILE DO ENTROIDO

E chegou, por fin, o día!

Tiñamos xa os nosos traxes preparados, todos eles relacionados co noso PDI “ O Universo”. Estrelas, planetas, foguetes, marcianos, astronautas… inundaron o Planeta de Guillareta. 🌎🌙🌟🌠🌞

Despois de todo o noso esforzo en deseñalos e crealos, tiñamos que lucilos polas rúas de Guillarei. 









viernes, 2 de febrero de 2018

CADA MES... UNHA NOVA

Non esquezades a chegada das novas publicacións das revistas. Sabemos que vos gustan!