martes, 30 de enero de 2018

DÍA ESCOLAR DA PAZ

O Día Escolar da Non Violencia e da Paz foi declarado por primeira vez no 1964. 

O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

Conmemórase a morte do líder da India, Mahatma Gandhi, asasinado o 30 de xaneiro de 1948.



Na biblio podes visitar a exposión de libros que temos preparada para a Semana da Paz. 

Seguro que atoparedes cousas que vos gustarán.









Na entrada do cole fixemos unha gran cadea de astronautas... porque xuntos conseguiremos grandes cousas!

Aquí tedes algúns deles...









viernes, 12 de enero de 2018

NOVA MASCOTA NO COLE

Guillareta pide a nosa axuda para o deseño dunha mascota para o proxecto Guillarei Activo e Saudable

E nós non dubidamos en poñernos mans á obra!



Con todas as magníficas propostas fixemos unha gran exposición na entrada do cole. 





E eleximos á mascota gañadora!







Agora tiñamos que barallar un nome e botamos as nosas aportacións ante os atentos ollos de Guillareta.





E o gañador foi... 

GUILLASPORT 🎾🏀🏈🏆🏊


lunes, 8 de enero de 2018

OS DE PRIMEIRO RECOMENDAN...

Os nenos e nenas de primeiro de primaria queren recomendarvos a lectura dos seguintes álbumes ilustrados.

Eles disfrutaron moito! 

Desexan que vos gusten.


INCORPÓRANSE OS REFORZOS...

A partires de hoxe contamos cos axudantes de biblioteca. Non dubides en consultarlles o que desexes. Están emocionados por comezar.