martes, 18 de diciembre de 2018

TEMPO DE NADAL!

A biblioteca xa está preparada para acoller o concerto de cancións tradicionais dos países europeos que estamos investigando, e festexar así a festa de Nadal. 🎄🎉👏👏

Por certo, búscate na nosa árbore de Nadal! Seguro que estás, gozando da lectura cos teus compañeiros e compañeiras.😉




lunes, 19 de noviembre de 2018

MAGOSTO: LAND ART

Guillareta quere felicitaros polas magníficas obras de arte que foron realizadas no obradoiro da festa do magosto. 
Parabéns a todas e todos!!!👏👏👏👏👏👏




Noraboa tamén aos nenos e nenas de primeiro pola súa mostra de froitos de outono 😋👏👏👏

 

domingo, 4 de noviembre de 2018

E POR FIN CHEGARON... AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Unha vez realizado o encargo encomendado por Guillareta, temos xa a nosa recompensa... as MOCHILAS VIAXEIRAS!!!


As mochilas irán de casa en casa con lecturas para ser compartidas en familia. Poderedes telas unha semana. No seu interior irá tamén o caderno viaxeiro.
Desexamos que vos gusten! 😊


miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN

Guillareta quixo tamén participar ambientando a porta do seu planeta para o tempo de Samaín. Desexa que vos guste 🎃👻👀

CHARLA SOBRE A BIODIVERSIÓN


CHARLA BIODIVERSIÓN NA BIBLIO: “Un bosque no peto

O 29 de outubro tivemos a oportunidade de contar na nosa biblio coa presenza de Nieves Vidal González, unha ciéntífica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Deixounos abraiados e moi interesados na actividade Un bosque no peto.

Explicounos como pódese levar un bosque de especies galegas nun tarro que colle nun peto. O tarro é unha mostra de cultivo in vitro de especies como castiñeiro, sobreira, vimbio, maceira...
Descubrimos que o cultivo in vitro consiste en utilizar anacos de plantas, esterilizalos para eliminar os patóxenos e introducilos en frascos ou tubos de ensaio con medio nutritivo e en condicións ambientais controladas (luz, temperatura, humidade).

Vimos os tarros sen e con cultivos e os instrumentos de traballo, xogamos co agar, falamos da fotosíntesis e das esporas de microbios e do solo.
Para poder experimentar os movementos dos líquidos e os gases nestes tarros, impulsamos cun bombín de bicicleta e de paso, inchamos un globo. Foi unha experiencia moi interesante!

E Nieves deixounos uns fantásticos agasaios, uns frascos con cultivos in vitro!

Para coidalos os tarros teñen que estar ben pechados, e nun sitio onde lle dea a luz pero non o sol directo, para que non morran coa calor.  Se dentro dun mes ou así as plantas medran moito, pódense transplantar as que teñan raíces a unha maceta, cubríndoa cunha botella de plástico, coma se fora un invernadoiro portátil, e logo abrilo pouco a pouco.
Nieves deixounos unha mensaxe:  Coida de estes tarros, e sobre todo coida e disfruta das árbores que viven nas hortas, nos bosques, a beira dos ríos...
Moitísimas grazas, Nieves!






miércoles, 24 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


 

No día das Bibliotecas Escolares recibimos unha gran sorpresa...  nas nosas aulas apareceu unha carta de Guillareta. 



Estamos emocionados! Comeza unha nova andaina. 
E, de novo, xa estamos preparados... imos "De viaxe por Europa"!!!





jueves, 11 de octubre de 2018

INVITACIÓN AO TEATRO

Guillareta ten o pracer de invitarnos a gozar da obra O cego dos monifates o vindeiro 17 de outubro. 
Recibiredes a vosa entrada nos vindeiros días 😉

domingo, 16 de septiembre de 2018

ESTAMOS EN OBRAS!




O equipo de biblioteca púsoxe mans á obra para recatalogar os fondos seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal) polo que o Planeta de Guillareta permanecerá pechado ata novo aviso. 
Podedes realizar o empréstito dende as vosas bibliotecas de aula.


lunes, 10 de septiembre de 2018

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Iniciamos un novo curso e xa estamos desexando novas aventuras... 
Guillareta ten moitas sorpresas preparadas para nós.



Boa andaina neste curso 2018/2019 😀😀😀

miércoles, 20 de junio de 2018

FIN DO PROXECTO

O curso chega ao final e rematamos o noso proxecto. 

Aquí tedes unha mostra dalgunha das nosas producións.



Disfrutade do verán.

🌞🌞🌞

Vémonos en setembro. 😉

domingo, 3 de junio de 2018

GRACIÑAS!

Dende o CEIP de Guillarei queremos agradecer toda a axuda recibida nestes duros momentos polos que está a pasar a nosa comunidade educativa.







viernes, 25 de mayo de 2018

O alumnado de segundo estivo a investigar na Biblioteca do cole e estivo facendo traballiños moi interesantes. Botádelle un ollo!



viernes, 11 de mayo de 2018

IX TUI LE

   O CEIP Plurilingüe de Guillarei participou, xunto con outros centros de Tui, na IX edición do TUI LE adicada este ano a Mª Victoria Moreno.


   O TUI LE celebrouse o venres 11 de maio coas actuacións dos distintos centros, un intercambio de libros  e unha exposición de carteis elaborados por escolares de cada un dos centros educativos participantes. 

Durante as semanas anteriores, adicamos moita ilusión na realización do noso cartel. Aquí tendes o proceso de creación... 






E o resultado final! 👏👏👏



Os rapaces e rapazas de quinto de primaria acudiron representando ao centro coa súa actución. 🎵🎵

Estamos moi orgullosos e lles agradecemos o seu esforzo. 👏👏👏





jueves, 10 de mayo de 2018

INMERSOS NO UNIVERSO

   As nenas e nenos de 4º e 6º de infantil están totalmente inmersos no proxecto.

   Mirade as producións que teñen no recuncho do proxecto, están chulísimas! 👏👏👏👏










jueves, 3 de mayo de 2018

CON TODOS NÓS... CHANO RODRÍGUEZ

   O día 2 de maio, enmarcada dentro do proxecto Guillarei activo e saudable, recibimos a visita, no planeta de Guillareta, de... Chano Rodríguez. 

   Chano contounos a súa experiencia como deportista paralímpico e algunhas das dificultades que tivo que superar.



Graciñas por compartir o teu tempo con nós! 😉




miércoles, 2 de mayo de 2018

MALETA TEMÁTICA... AS EMOCIÓNS

Temos a nosa disposión para poder disfrutar polas aulas de Educación Infantil en 1º e 2º de Primaria, a maleta temática sobre as emocións, que o CEFORE de Vigo nos emprestou.


Estamos encantados! 😃👏👏👏



lunes, 30 de abril de 2018

MARCA A TÚA PÁXINA, NON PERDAS A TÚA LECTURA.

Durante a Semana do Día do Libro as nenas e nenos puideron achegarse durante o tempo de lecer para crear o seu marcapáxinas.


 

Fixeron deseños de simpáticos extraterrestres.