viernes, 22 de diciembre de 2017

E CHEGOU O NADAL...

 O planeta de Guillareta xa está preparado para acoller a festa do Nadal. 

Así de bonita deixou Guillareta a nosa biblioteca! 🎄🌟🎄





Aí van as nosas recomendacións lectoras para estes días de descanso 😊



E os días 20 e 21 de decembro desfrutamos dos festivais de Nadal. 🎄🎵🎵🌟





Vémonos á volta, no 2018!




martes, 19 de diciembre de 2017

VISITA DE MARÍA CORBACHO

María Corbacho presentounos o seu libro Vida Sa! 



Contounos a súa experiencia, como cambiou a súa alimentación e a súa forma de pensar, e ofreceunos consellos sobre nutrición e autoestima.






Firmounos o noso exemplar! 👏👏👏





E contestou a todas as nosas preguntas! 




lunes, 11 de diciembre de 2017

NOVIDADES

 Xa están aquí! 👀👀👀

Tedes os novos títulos preparados para o empréstito!

Cal vai ser a túa primeira elección? 😊



jueves, 7 de diciembre de 2017

SEGUIMOS CO PROXECTO


Mirade que creativos son os nenos e nenas de 2º!

Amósannos as súas propostas para o proxecto do universo que están a desenvolver. 

Noraboa!!!👏👏👏





En quinto de educación primaria, tamén sorprendéronnos cos seus murais e maquetas. 🌞🌍🌛🌠






Guillareta felicítaos 👏👏👏 e proponlles que poidan explicalos aos pequenos de primaria. 😉


martes, 5 de diciembre de 2017

XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Este pasado venres 1 e sábado 2 de decembro tiveron lugar en Santiago as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
As xornadas son sempre un lugar para a aprendizaxe; parte do equipo de biblioteca do planeta Guillareta, estivo alí.
Graciñas á Asesoría de Bibliotecas Escolares e ao CAFI por seguir apostando pola formación.