jueves, 30 de noviembre de 2017

EDUCAMOS EN IGUALDADE

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, nas aulas voltamos a ler títulos que nos apaixonan sobre o tema da igualdade. 💜




Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron os seus lazos violetas e pintaron as tartarugas Arturo e Clementina. Parabéns polos vosos debuxos! 👏👏👏 






martes, 28 de noviembre de 2017

CHARLA DE EDUCACIÓN VIARIA

Pasamos unha mañá estupenda escoitando os consellos sobre educación viaria ofrecidos polos axentes da garda civil e poñendo todo en práctica nun supercircuíto que nos prepararon.












Aquí tedes algúns dos libros que podedes curiosear sobre a educación viaria. 




viernes, 17 de noviembre de 2017

CHARLA DA CRUZ VERMELLA

Catuxa Lagarón Mallo, enfermera da Cruz Vermella,  visitounos para darnos uns grandes consellos para previr e actuar ante os pequenos accidentes.

Non nos esqueceremos de PAS…, Protexer – Avisar – Socorrer.

Graciñas!!!













No Planeta de Guillareta temos libros que tamén poden axudarnos moito nos primeiros auxilios. 

Achégate e disfruta deles. 





DEREITOS DOS NENOS E NENAS

O día 20 de novembro celébrase a conmemoración dos Dereitos da Infancia, na biblio podes informarte sobre o tema.






lunes, 13 de noviembre de 2017

COMEZAMOS A INVESTIGAR

Aquí tedes algunha mostra do inicio da investigación… é que somos moi curiosos! 👀🔍








Podes achegarte á biblio... xa temos cousiñas que che axudarán! 





viernes, 10 de noviembre de 2017

SAMAÍN


Chega o Samaín ao planeta de Guillareta. 🎃👻👻👻



Guillareta tamén quixo disfrazarse para recibir a todo o alumnado partipante no obradoiro que nos propuso: “creación de morcegos”.






Estes son os materiais que precisabamos para os nosos simpáticos morcegos.



Gran éxito de participación! Aquí vos deixo unha mostra.








Na área de lingua inglesa, o alumnado fixo un super cartel para a entrada do cole. 

Parabéns polo voso traballo! 👏👏👏




 Esperámosvos, de novo, moi pronto. 

martes, 7 de noviembre de 2017

O MAGOSTO


Na entrada do cole podedes ver a exposición de portacastañas realizados por todos os nenos e nenas e organizado polo EDLG, asemade unha exposición de poemas.





Os pequenos de primaria memorizaron retahílas que recitaron na biblio. Son uns grandes oradores!






Os nenos de 2º mostráronnos un cartaz de outono. E Guillareta estivo encantada ante a riquísima mostra de froitos típicos. 😋

Que bo traballo! 👏👏👏




E por fin chegou o día, estabamos desexosos!

Disfrutamos dos talleres e, graciñas as porfes que estiveron asando, comimos unhas deliciosas castañas… mm…mm… que ricas!

Mirade que artistas!