jueves, 18 de mayo de 2017

A ARTE EN CUARTO

O alumnado de cuarto fixeron un traballo estupendo onde elaboraron presentacións sobre os diferentes pintores para que todos aprendamos algo máis sobre a arte.









lunes, 15 de mayo de 2017

TUI LE

O venres 12 de maio participamos na actividade TUI LE que este ano se desenvolveu na Área Panorámica de Tui. Parabéns aos  colexios que participaron na nosa quenda, encantáronnos as súas actuacións.




Este ano as aulas do noso cole que asistiron foron 1º, 3º e 4º.

 Os alumnos de 1º prepararon coa súa titora un poema inventado por eles sobre o conto : “O can Rin e o lobo Crispín” de Carlos Casares, estaban algo nerviosos, pero saíulles moi ben.









Os alumnos de 3º e 4º prepararon coa profe de música dúas cancións de Susa Herrera baseadas en textos de Carlos Casares: "A Galiña Azul" e "O Peixe da Fonte do Xardín". Son un gran coro!!!!