lunes, 3 de abril de 2017

Día do Libro infantil e xuvenil

O día 2 de abril  celebrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de conmemorar un célebre aniversario: o nacemento de  Hans   Christian Andersen, o pai de historias infantís   tan sorprendentes como  El patito feo, El soldadito de plomo,  El traje nuevo del emperadorLa Sirenita, e de moitos outros contos que veñen acompañando na infancia a moitos nenos en distintas xeracións.

¿Quen foi Hans Christian Andersen?
Na  súa  autobiografía, titulada "El cuento de hadas de mi vida", o escritor danés (Odensen, 1805-1875) afirma que  a súa  nai, unha lavandeira, era letrada. O seu pai, en cambio, un zapateiro que parecía ter unha imaxinación moi poética,  lía moito e cada libro que lle regalaba, Andersen devorábao. Foi un neno solitario, que nunca xogaba con outros nenos.
Os seus compañeiros e amigos foron os libros. Andersen tivo unha  infancia  marcada pola miseria, pola súa fealdade física, e por algúns trastornos psicolóxicos. Aos 11 anos de idade, ao  morrer o seu pai, el tivo que abandonar os estudos e empezar a traballar no que podía para sobrevivir. Foi axudante de xastre, obreiro de fábrica de cigarros, ata que chegou ao teatro.
Alí, traballou con títeres, e empezou a bailar e a cantar, destacándose pola súa fermosa voz de soprano. Pero coa xuventude, a súa voz cambiou, e Andersen pasou a dedicarse á escritura. Ao mesmo tempo, durante ese período escribiu obras de teatro, poemas, novelas, e aos 24 anos de idade, ingresou na Universidade de Copenhague, ao mesmo tempo no que o seu recoñecemento como dramaturgo e poeta, era evidente.
Publicaciones de Hans Christian Andersen
Andersen publicou  máis de cento cincuenta contos para nenos. "El Patito Feo", "La sirenita" e "El traje nuevo del emperador"  son uns dos seus contos  máis coñecidos, inspirados en lendas e crenzas populares do seu país, Dinamarca.
Os contos foron traducidos a máis de oitenta idiomas e transformados en obras de arte, en  cine e en  teatro. Así mesmo, Andersen tamén editou obras de teatro, libros de viaxes, novelas, e  poemas. A súa morte ocorreu aos 70 anos de idade. Non tivo fillos, pero deu a vida a moitos personaxes que, coas súas historias sorprendentes, ilusionaron a moitos nenos.


Polos nenos, polos contos infantís, pola ilusión que elos nos proporcionan, imos celebrar este bicentenario do  nacemento deste ilustre autor. Na biblioteca podedes atopar   algúns dos seus contos máis coñecidos. 
   





No hay comentarios:

Publicar un comentario