martes, 13 de junio de 2017

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Xa só queda dúas semanas para as vacacións de verán, onde temos moito tempo de lecer. Podemos ir a praia, xogar, ler... Aquí os deixamos as nosas recomendacións para o verán. PASÁDEO MOI BEN!


jueves, 18 de mayo de 2017

A ARTE EN CUARTO

O alumnado de cuarto fixeron un traballo estupendo onde elaboraron presentacións sobre os diferentes pintores para que todos aprendamos algo máis sobre a arte.









lunes, 15 de mayo de 2017

TUI LE

O venres 12 de maio participamos na actividade TUI LE que este ano se desenvolveu na Área Panorámica de Tui. Parabéns aos  colexios que participaron na nosa quenda, encantáronnos as súas actuacións.




Este ano as aulas do noso cole que asistiron foron 1º, 3º e 4º.

 Os alumnos de 1º prepararon coa súa titora un poema inventado por eles sobre o conto : “O can Rin e o lobo Crispín” de Carlos Casares, estaban algo nerviosos, pero saíulles moi ben.









Os alumnos de 3º e 4º prepararon coa profe de música dúas cancións de Susa Herrera baseadas en textos de Carlos Casares: "A Galiña Azul" e "O Peixe da Fonte do Xardín". Son un gran coro!!!!








lunes, 3 de abril de 2017

2 de abril: DÍA INTERNACIONAL AUTISMO


Día do Libro infantil e xuvenil

O día 2 de abril  celebrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de conmemorar un célebre aniversario: o nacemento de  Hans   Christian Andersen, o pai de historias infantís   tan sorprendentes como  El patito feo, El soldadito de plomo,  El traje nuevo del emperadorLa Sirenita, e de moitos outros contos que veñen acompañando na infancia a moitos nenos en distintas xeracións.

¿Quen foi Hans Christian Andersen?
Na  súa  autobiografía, titulada "El cuento de hadas de mi vida", o escritor danés (Odensen, 1805-1875) afirma que  a súa  nai, unha lavandeira, era letrada. O seu pai, en cambio, un zapateiro que parecía ter unha imaxinación moi poética,  lía moito e cada libro que lle regalaba, Andersen devorábao. Foi un neno solitario, que nunca xogaba con outros nenos.
Os seus compañeiros e amigos foron os libros. Andersen tivo unha  infancia  marcada pola miseria, pola súa fealdade física, e por algúns trastornos psicolóxicos. Aos 11 anos de idade, ao  morrer o seu pai, el tivo que abandonar os estudos e empezar a traballar no que podía para sobrevivir. Foi axudante de xastre, obreiro de fábrica de cigarros, ata que chegou ao teatro.
Alí, traballou con títeres, e empezou a bailar e a cantar, destacándose pola súa fermosa voz de soprano. Pero coa xuventude, a súa voz cambiou, e Andersen pasou a dedicarse á escritura. Ao mesmo tempo, durante ese período escribiu obras de teatro, poemas, novelas, e aos 24 anos de idade, ingresou na Universidade de Copenhague, ao mesmo tempo no que o seu recoñecemento como dramaturgo e poeta, era evidente.
Publicaciones de Hans Christian Andersen
Andersen publicou  máis de cento cincuenta contos para nenos. "El Patito Feo", "La sirenita" e "El traje nuevo del emperador"  son uns dos seus contos  máis coñecidos, inspirados en lendas e crenzas populares do seu país, Dinamarca.
Os contos foron traducidos a máis de oitenta idiomas e transformados en obras de arte, en  cine e en  teatro. Así mesmo, Andersen tamén editou obras de teatro, libros de viaxes, novelas, e  poemas. A súa morte ocorreu aos 70 anos de idade. Non tivo fillos, pero deu a vida a moitos personaxes que, coas súas historias sorprendentes, ilusionaron a moitos nenos.


Polos nenos, polos contos infantís, pola ilusión que elos nos proporcionan, imos celebrar este bicentenario do  nacemento deste ilustre autor. Na biblioteca podedes atopar   algúns dos seus contos máis coñecidos. 
   





viernes, 31 de marzo de 2017

Maruxa Mallo, Día das Artes Galegas, 2 de abril 2017

A pintora viveirense Maruxa Mallo vai ser a homenaxeada no Día das Artes Galegas 2017. Así o acordou o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes, os integrantes do pleno decidiron por maioría que fose Mallo a quen se lle adicase o día que por vez primeira se celebrou o ano 2016, e que estivo centrado en Castelao. A pintora viveirense collerá o relevo do escritor, político e artista rianxeiro. Artista excepcional: Maruxa Mallo veu ao mundo en Viveiro, en 1902, co nome de Ana María Gómez González e no seo dunha familia de boa posición. Xa moza trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións. Grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos viaxou a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu Max Ernst, René Magritte, Joan Miró, Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. A súa pintura cambiou radicalmente, influenciada polo surrealismo. O golpe de estado de 1936 sorpendeuna en Galiza e tivo que refuxiarse na casa dun familiar, onde estivo agochada varios meses. O seu compromiso coa II República facíalle temer que podía ser albo da represión que inzaba Galiza. En 1937 conseguiu pasar a Portugal e de alí viaxar a América. Pasou o exilio en Arxentina e Estados Unidos. Finou en Madrid en 1995. María Zambrano dixo dela:"Cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdonábeis: ser libre".





       
 
 
 
 
 
                                                 

martes, 7 de marzo de 2017

                              

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


El 8 de marzo se celebra el Día Internacional de la Mujer, un día en el que la lucha por la igualdad, la justicia, la paz y el desarrollo se hace más visible que nunca. El 8 de marzo, todas las mujeres del mundo, sin importar cultura ni origen, se unen para hacer de éste un mundo más justo y acabar con las desigualdades que, aún a día de hoy, persisten en nuestra sociedad.
Para el año 2017, la ONU ha elegido el tema “Las mujeres en un mundo laboral en transformación: hacia un planeta 50-50 en 2030”.
Entre las medidas claves para asegurar la igualdad económica de las mujeres en el mundo cambiante del trabajo se encuentran, por un lado, acciones para cerrar la brecha entre los salarios de hombres y mujeres, las mujeres tienen un salario un 24 por ciento más bajo que los hombres a nivel global. Por otro lado, se debe reconocer el trabajo no remunerado que supone el cuidado del hogar y de los miembros de la familia realizado por las mujeres, y redistribuir estas tareas de forma equitativa entre hombres y mujeres.

ENCARGO DE GUILLARETA

Xa sabedes que o próximo 8 de marzo celébrase o Día Internaciónal da Muller, e a nosa Guillareta, a marciana máis xenial,  propón aos alumnos de 4º, 5º e 6º  buscar na biblioteca ou na casa libros que foron escritos e/ou ilustrados por mulleres (seguro que atoparemos moitísimos!!!). Despois deberemos escoller un deles e facer a súa ficha bibliográfica para colocala na corcheira da biblioteca, así  servirá como recomendación lectora para o resto dos compañeir@s. Veña, a buscar!!!


Algunhas pistas:


miércoles, 1 de febrero de 2017

miércoles, 25 de enero de 2017

NON AO ACOSO ESCOLAR

Ti podes ser unha peza moi importante para evitar o acoso, non sexas invisible e faite ver.

NON AO ACOSO ESCOLAR con LANGUI