Este Entroido, celebramos a inauguración dos Xogos Olímpicos, co percorrido da chama olímpica polos diferentes continentes, os gregos iniciaron o percorrido.
Despois de dar lectura ao xuramento olímpico, pasamos a facer un paseo polas rúas de Guillarei seguindo aos portaestandartes de cada país, había moitos deportistas: atletas, ciclistas, piragüistas...., e como non, tampouco faltaba a nosa mascota da biblioteca "Guillareta" que tamén estaba metida no percorrido.
Pasámolo moi, moi ben e comemos riquísimo coa repostería que trouxeron moitos pais e nais.
Aquí un pequeno resumo.
Aquí un pequeno resumo.
Entroido 2016 from Guillareta on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario