viernes, 27 de junio de 2014

O ENTROIDO TUDENSE

Así celebramos o noso Entroido, baseándonos no Proxecto que todo o cole estaba a traballar, foi moi divertido e iso que o tempo moito non acompañou.
Infantil foi de Río, 1º ciclo de piragüistas, 2º ciclo de Mouchos do Monte Aloia e 3º ciclo das Profesións de Tui.


ENTROIDO TUDENSE from Guillareta on Vimeo.

TUI E A SÚA HISTORIA

O alumnado do 3º ciclo investigaron sobre a historia de Tui e os seus principais monumentos, aprenderon a utilizar un rueiro e a buscar información nos seus portátiles. Este foi un dos traballlos que realizaron.
Tui from guillareta

Ademais, participaron en Galicia Monumenta, onde xunto coa profe de Música, elaboraron unha canción sobre a Catedral, aquí tedes o enlace:
http://galiciamonumenta.wordpress.com/2014/06/09/actividades-na-catedral-de-tui-o-pasado-7-de-xuno/




Tui from Guillareta on Vimeo.

jueves, 26 de junio de 2014

O RÍO MIÑO

O alumnado de Infantil e 1º ciclo traballaron sobre o Río Miño, os de Infantil investigaron sobre a fauna e flora e os de 1º ciclo sobre os deportes de Río.



O RÍO MIÑO from guillareta

E agora o vídeo da saída tan enriquecedora que tivemos ás instalacións do Club de Remo, onde coñecemos ao campión olímpico e campións españois tanto masculinos coma femininas. Ademais, ainda que non sae no vídeo, tivemos un bautismo no Río á bordo da Fragata da Comandancia Naval do Miño.


Deportes no Río Miño from Guillareta on Vimeo.

O MONTE ALOIA

Esta é a parte que traballou o alumnado do 2º ciclo sobre o proxecto, aprenderon moito sobre este Parque tan marabilloso que temos tan preto. Este é o resultado do seu traballo.


O Monte Aloia from guillareta

E éste é o vídeo onde podemos ver o ben que o pasamos aprendendo.


O MONTE ALOIA from Guillareta on Vimeo.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "TUI, HISTORIA E NATUREZA"

Neste curso 2012-13, decidimos dende a Biblioteca meternos nesta aventura de traballar a través dun Proxecto Documental Integrado, era a nosa priemira vez e tiñamos moitas dúbidas, pero tiñamos moita ilusión e ganas polo que ao final todos o pasamos moi ben. Xa estamos preparados para seguir facéndoo e mellorar cada curso.
 
Aquí tedes o proxecto:

lunes, 16 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS VERÁN 2014

Xa rematando o curso, aquí vos presentamos as nosas recomendacións para que disfrutedes lendo este verán.  BO VERÁN A TODOS E TODAS!!!!!


lunes, 9 de junio de 2014

CONTACONTOS "CHOCOLATA"

Ola a todos, 
estamos coas últimas de sesións de contacontos do curso, desta vez o alumnado de sexto curso contan un conto moi especial para eles "Chocolata" xa que eles mesmos fixeron unha pequena adaptación do conto cando eran máis pequechos, e agora que son maiores, enséñano moi orgullosos ao alumnado de Infantil, 1º e 2º curso.








lunes, 2 de junio de 2014

VISITA DE SUSA HERRERA

Éste mércores teremos a visita de SUSA HERRERA que presentará o seu novo libro CANTOS ANIMALES. Anímate e ven a pasar un bo rato na nosa biblio!!!!!