lunes, 27 de octubre de 2014

GRUPOS GAÑADORES DOS ACERTIXOS MATÉMATICOS

E aquí temos os matemáticos gañadores, noraboa a todos polas vosas mentes tan despertas, tamén aos participantes que o concurso estivo moi competitivo.

Grupo de 1º e 2º curso: Youssef 1º, Laura 2º Houda 1º e Pablo 2º.


Grupo de 3º e 4º curso: Jorge 4º, Luis Miguel 4º, Ghisela 3º, Brian 3º e Romina 4º.


Grupo de 5º e 6º curso: Paula 5º, Safa 5º, Alba 5º e Fátima 6º.

NORABOA AOS GAÑADORES!!!

E aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica do concurso.




Biblioteca escolar..matemático from Guillareta on Vimeo.

miércoles, 22 de octubre de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR.....MATEMÁTICO

Ola a todos e todas,
Con motivo da celebración do Dia das Bibliotecas Escolares,que é o dia 24 de Outubro e tendo en conta o lema deste ano "Biblioteca escolar....matemático", na nosa biblio,esta semana intentaremos solucionar acertixos matemáticos. Para conseguilo faremos grupos mixtos de catro persoas mezclando un día alumnos de 1º e 2º curso, outro día de 3º e 4º curso e outro día de 5º e 6º curso. Todo isto o faremos na hora de ler na nosa Biblioteca. Será moi,moi divertido. Os grupos gañadores terán un pequeno agasallo.



Ao rematar a semana colgaremos os grupos gañadores no noso blogue.

MOITA SORTE MATEMÁTICOS!!!!

miércoles, 1 de octubre de 2014

TRÍPTICO INFORMATIVO DA NOSA BIBLIOTECA

Ola a todos e todas!!!!
Comezamos a actividade na nosa biblioteca, e para refrescar un pouco a memoria ao alumnado doutros anos e que coñezan os novos, aquí tes un tríptico informativo para axudar a saber un pouco cómo funciona a nosa biblio.

BO INICIO DE CURSO!!!!