miércoles, 27 de noviembre de 2013

CONTACONTOS "AVÓS"

Aquí temos o resultado do Contacontos sobre o libro "Avós" que tan fantásticamente fixeron un grupo de alumnos de 6º curso.

Despois do contacontos, fixemos unhas actividades na Biblioteca para traballar a emoción que estabamos a tratar, "O amor". Primeiro xogamos ás apertas musicais e logo fixemos un agasallo para regalar a alguén que queremos moito.


AVÓS from Guillareta on Vimeo.

jueves, 21 de noviembre de 2013

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

Este curso queremos traballar as emocións e sentimentos a través dos contos.
Este mes, traballaremos o AMOR, a través do conto AVÓS de Kalandraka.


Para este traballo, contaremos cun magnífico equipo de Contacontos formado por un pequeno equipo de voluntarios do alumnado de sexto curso.


martes, 19 de noviembre de 2013

EXPOSICIÓN "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA"

Esta semana teremos unha pequena exposición de libros sobre a ciencia, anímate e bótalle unha ollada, verás canto podes aprender!!!!




jueves, 14 de noviembre de 2013

PRESTIGE
 
Pasaron 11 anos dende aquel 13 de novembro de 2002, día no que a todos os galegos enchéusenos o corazón de tristura ao ver as nosas fermosísimas costas cubertas polo chapapote do Prestige.
A reacción do pobo foi inmediata, saímos ás rúas e praias para levantar a esperanza, e coas nosas mans, conseguimos eliminar a gran mancha negra.
Non esquezamos esa valiosa lección de loita, unión e solidariedade que asolagou a Galicia enteira naquelas datas.
 
Que non nos quiten a MEMORIA!!!
 
 
 
 
 
Se queredes ler algo sobre a historia do Prestige, pronto, na nosa biblioteca, teremos os seguintes libros.