viernes, 20 de diciembre de 2013

CONCURSO DE RELATOS NAVIDEÑOS



Xa temos o resultado do concurso de relatos navideños. Noraboa aos gañadores e moitas grazas aos participantes por agasallarnos coas fermosas historietas.







lunes, 16 de diciembre de 2013

lunes, 9 de diciembre de 2013

NELSON MANDELA

Sempre estarás nas nosas mentes e corazóns Madiba. 

Pincha aquí se queres coñecer máis sobre a vida desta extraordinaria persoa.




miércoles, 27 de noviembre de 2013

CONTACONTOS "AVÓS"

Aquí temos o resultado do Contacontos sobre o libro "Avós" que tan fantásticamente fixeron un grupo de alumnos de 6º curso.

Despois do contacontos, fixemos unhas actividades na Biblioteca para traballar a emoción que estabamos a tratar, "O amor". Primeiro xogamos ás apertas musicais e logo fixemos un agasallo para regalar a alguén que queremos moito.


AVÓS from Guillareta on Vimeo.

jueves, 21 de noviembre de 2013

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

Este curso queremos traballar as emocións e sentimentos a través dos contos.
Este mes, traballaremos o AMOR, a través do conto AVÓS de Kalandraka.


Para este traballo, contaremos cun magnífico equipo de Contacontos formado por un pequeno equipo de voluntarios do alumnado de sexto curso.


martes, 19 de noviembre de 2013

EXPOSICIÓN "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA"

Esta semana teremos unha pequena exposición de libros sobre a ciencia, anímate e bótalle unha ollada, verás canto podes aprender!!!!




jueves, 14 de noviembre de 2013

PRESTIGE
 
Pasaron 11 anos dende aquel 13 de novembro de 2002, día no que a todos os galegos enchéusenos o corazón de tristura ao ver as nosas fermosísimas costas cubertas polo chapapote do Prestige.
A reacción do pobo foi inmediata, saímos ás rúas e praias para levantar a esperanza, e coas nosas mans, conseguimos eliminar a gran mancha negra.
Non esquezamos esa valiosa lección de loita, unión e solidariedade que asolagou a Galicia enteira naquelas datas.
 
Que non nos quiten a MEMORIA!!!
 
 
 
 
 
Se queredes ler algo sobre a historia do Prestige, pronto, na nosa biblioteca, teremos os seguintes libros.
 
 
 
 


lunes, 28 de octubre de 2013

NO SAMAÍN, PASA MEDO SEN FIN


Xa temos preparada a nosa exposición dos libros máis terroríficos da nosa biblioteca, non sexas medoso e bótalle un ollo.




martes, 15 de octubre de 2013

A CASIÑA DOS LIBROS VELLOS

Para poder facer algo de sitio na nosa biblioteca, estamos liberando algúns libros e videos que xa van velliños, pero que non por iso deixan de ser moi interesantes no seu interior. Podes levalos para a túa casa e darlles o lugar e uso que merecen.





miércoles, 2 de octubre de 2013

POR 4 ESQUINITAS DE NADA

Para ir quentando motores aquí vos vai un pequeno video sobre a Diversidade.
 Recordade, que todos somos diferentes e isto é o que nos fai divertidos!!!! 
RESPETA SEMPRE


lunes, 30 de septiembre de 2013


XA ESTAMOS CON VOS NESTE NOVO CURSO

 

Na Biblioteca queremos animar a tod@s a ler; polo placer de disfrutar dos mundos que nos ofrecen os libros e polo saber que atesoran.
Na Biblioteca podemos desfrutar das aventuras de Asterix, de
Geronimo Stilton ou aprender a cociñar e facer maxia; descubrir os segredos da selva ou subir ao Everest…

Andamos á procura de mellorar cada día. Por isto neste principio de curso a biblioteca permanecerá pechada ao préstamo para reorganizar os fondos e facilitar a procura da información.

Sabedes tamén que dende o curso 2011/12 estamos incluidos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) o que nos permitiu facer moitas melloras. Queremos continuar nesa tarefa.
Pronto teredes noticias de GUILLARETA  
                                           

viernes, 8 de marzo de 2013

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Hoxe é o día da muller traballadora, así que moitas felicidades a todas esas mulleres que traballan tanto nas tarefas do fogar coma no coidado dos fillos ou na súa xornada laboral.
Se pinchades na imaxe atoparedes moitos recursos interesantes para coñecer un pouquiño máis a historia deste día.



Grazas ao CPI Progreso polo seu traballo.




lunes, 25 de febrero de 2013

PARECE UNHA ROSA



O s alumnos/as de 6º de EI recitaron para o resto do alumnado do noso cole, o poema de Rosalía de Castro "Parece unha rosa"ao mesmo tempo que podían disfrutar da proxección, a traveś do canón, do libro recitado.

 

viernes, 22 de febrero de 2013

PROXECCIÓNS DÍA DE ROSALÍA

Aquí tedes unha pequena reportaxe fotográfica da semana que lle adicamos a Rosalía de Castro na nosa biblioteca. O  alumnado disfrutaba de xogos mentres escoitaban os poemas musicados da autora.








martes, 19 de febrero de 2013

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA





Ola amiguiños!!!!
Durante esta semana e co gallo do Día de Rosalía, haberá na nosa Biblioteca unha pequena exposición sobre a autora galega, ademais proxectaremos durante os recreos vídeos con poemas e historias sobre ela.
Anímate a visitarnos!!