miércoles, 19 de diciembre de 2012

EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR


Onte tivemos na nosa biblioteca a presentación do libro de Susa Herrera "En cabárceno se oye cantar", nesta ocasión Susa contou coa colaboración da nosa profe de música, Tere.
É un libro con cancións moi divertidas  e inxeniosas sobre os animais que hai no Parque de Cabárceno.
Pasámolo todos de marabilla!!!!



Aquí temos un pequeno exemplo das grandes voces artísticas que temos en Guillarei.


video

lunes, 17 de diciembre de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE NADAL

Xa estamos entrando nunhas datas especiais, onde é costume facer regaliños, recorda que un bo agasallo é un bo libro. Aquí tedes algunhas das nosas recomendacións. FELICES FESTAS!!!!

martes, 4 de diciembre de 2012

OBRADOIRO DE INTERCULTURALIDADE

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria asistiu a un Obradoiro moi interesante de interculturalidade na nosa biblioteca.