miércoles, 31 de octubre de 2012

VAIA MEDO!!!!!

BUUUUHHHHH!!!
 Hoxe celebramos no Centro o Magosto, pero tamén Halloween e o Samaín. Na nosa biblioteca organizamos unha pequena exposición de libros de terror e medo, que os rapaces do centro visitaron ao longo de varios días.
Hoxe, acercáronse varios fantasmas, monstros e demáis seres terroríficos a visitala.

lunes, 29 de octubre de 2012

ONDE VIVEN OS MONSTROS

Co gallo do Dia das Bibliotecas Escolares, o 24 de Outubro os pequenos de 6º de Infantil viñeron á biblioteca para ver e escoitar o conto "Onde viven os monstros"

 
 
 
Os rapaces estiveron absortos con tal emocionante historia. Xa para rematar, adicáronse a colorear personaxes do conto. Pasárono xenial!!!!!
 

miércoles, 10 de octubre de 2012

I xornadas "LENDO NA CASA"

Ola a todos, dende a nosa biblioteca queremos animárvos a participar nas I xornadas "Lendo na Casa" que se organiza dende a Biblioteca Municipal de Tui para conmemorar o Día das Bibliotecas. Haberá contacontos para os rapaces e interesantes obradoiros para pais e nais.

martes, 2 de octubre de 2012


BENVIDOS E BENVIDAS!!!    
 Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e agora toca comezar un novo curso. Desde este planeta, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo curso 2012/2013.
Seguro que estades desexando atopar aos compañeir@s, contar todo o que fixestes, coñecer as novidades do cole... Eu, Guillereta a marciana máis xenial, agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Estade atentos as miñas noticias.
BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e agora toca comezar un novo curso. Desde este planeta, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo curso 2012/2013. Seguro que estades desexando atopar aos compañeir@s, contar todo o que fixestes, coñecer as novidades do cole... Eu, Guillereta a marciana máis xenial, agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Estade atentos as miñas noticias.